O CONCELLO DE BANDE ABRE UNHA NOVA BOLSA DE EMPREGO
Trátase dunha bolsa de emprego en dúas categorías
O concello de Bande fai público no BOP do 21 de marzo que, mediante decreto da alcaldía, do día 3 de marzo de 2023, aprobáronse as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego no concello de Bande e acordouse realizar a convocatoria para a presentación de solicitudes.
As citadas bases están publicadas no taboleiro de edictos municipal e na sede electrónica do concello de Bande https://concellobande.sedectronica.gal, e entrarán en vigor ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP)
Clase de persoal: laboral temporal.
Prazas:
• Auxiliar de axuda no fogar e atención a persoas dependentes.
• Limpador/a de instalacións municipais.
Modalidade de contratación: contrato realizados ao amparo da normativa laboral vixente, segundo as necesidades do servizo,coa duración que se especifique neste.
Sistema de selección: concurso de méritos.
Prazo de presentación de solicitudes: quince días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no
Boletín Oficial da Provincia.
Lugar de presentación de solicitudes: Rexistro xeral do concello (de luns a venres de 08:30 horas a 14:00 horas) ou a través da sede electrónica do Concello de Bande https://concellobande.sedelectronica.gal, así como tamén nos rexistros e oficinas establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Os modelos de solicitude e demais información complementaria pódese consultar nas bases específicas da convocatoria, publicadas na sede electrónica do concello de Bande https://concellobande.sedelectronica.gal ou persoalmente nas oficinas municipais (de luns a venres en horario de 8:30 horas a 14:00 horas).