Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE BALTAR OFERTA UNHA PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL

11 Feb 2017

Trátase dun contrato laboral temporal

O concello de Baltar publica no BOP do 11 de febreiro a convocatoria para a contratación laboral temporal , segundo as bases aprobadas por resolución da Alcaldía con data 08.02.2017 dunha praza de traballador/a social, con xornada a tempo completo. A modalidade de contratación será un contrato laboral temporal para obra ou servizo determinado, sendo a duración do mesmo deica a fin do ano 2017. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. As retribucións totais serán de 1.283,33 €/mes (incluída pppe). O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio (11/02/2017) no BOP, no rexistro do concello ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver