O CONCELLO DE BALTAR OFERTA UNHA PRAZA DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR
Será un contrato laboral temporal a media xornada
O concello de Baltar fai unha convocatoria para a contratación laboral temporal, según bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 25 de abril de 2016. Trátase dunha praza de Auxiliar de Axuda no Fogar con xornada a tempo parcial, 20 horas de luns a domingo. Farán un contrato laboral temporal para obra ou servizo determinado cunha duración de 5 meses. As retribucións totais mensuais son de 471,27 € mes coa ppe incluída. O sistema de selección será por concurso de méritos. Para a presentación de solicitudes hai un prazo de 5 días naturais contados a partir da publicación no BOP (28 de abril), no rexistro do concello en horario de 9:00 a 14:00 ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

