O CONCELLO DE BALTAR OFERTA UN POSTO DE TRABALLO TEMPORAL
Trátase dun contrato de dous meses e medio de duración
O concello de Baltar fai pública no BOP do xoves 7 de setembro a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas o 5/09/2023:
1. Número e denominación das prazas: 1 traballador/a para prestar o servizo como pión/pioa de servizos múltiples.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral no marco dos programas de activación para o emprego a 35 horas semanais.
3. Duración do contrato: dous meses e medio.
4. Sistema de selección: concurso oposición.
5. Lugar e prazo de presentación de instancias: no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de tres días hábiles que contarán desde o seguinte á publicación deste anuncio no Boletin Oficial da Provincia de Ourense.
6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase a disposición do público no concello, e na sede electrónica https://baltar.sedelectronica.gal