Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE BALTAR OFERTA SEIS POSTOS DE TRABALLO

13 Xul 2020

Son contratos temporais a xornada completa

O concello de Baltar fai pública a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 06/07/2020 para a realización do programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade do exercicio 2020.

1. Número e denominación das prazas:

- Catro (4) pións para axuda na limpeza e mantemento dos espazos públicos municipais: contrato laboral temporal (xornada de 25 horas semanais), cunha duración de 2 meses.

- Dous (2) pións forestais, para apoio nas tarefas de rozas realizadas pola brigada municipal: contrato laboral temporal

(xornada de 6,5 horas diarias, de luns a venres), cunha duración ata o 18 de novembro de 2020.

2. Modalidade das contratacións: contrato laboral temporal, xornada parcial.

3. Sistema de selección: concurso de méritos.

4. Retribucións totais:

- Para o posto de pión de axuda na limpeza e mantemento dos espazos públicos municipais: 713,86 € brutos/mes (incluídas pppe).

- Para o posto de pión forestal de apoio nas tarefas de rozas realizadas pola brigada municipal: 928,59 € brutos/mes (incluídas pppe).

5. Lugar e prazo de presentación de instancias: catro (4) días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do Concello de Baltar, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal (https://baltar.sedelectronica.gal).

Volver