O CONCELLO DE BALTAR OFERTA DÚAS PRAZAS DE PEONS
Son contratos laborais temporais a media xornada
O concello de Baltar fai unha convocatoria para a contratación laboral, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 30/03/2016 dos seguintes postos
Dous peóns para o proxecto denominado “Recuperación medioambiental en San Martiño e Gomariz”, na modalidade contratación de contratos laborais temporais a media xornada. A duración dos contrato será de dous meses.
O sistema de selección e por concurso de méritos; sendo as retribucións totais: 499,51 €/mes (incluída pppe).
Prazo de presentación de instancias: 5 días naturais, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP (1/04/16), no Rexistro do Concello de Baltar, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
A exposición do texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello, sito na rúa Sarxento Seoane, 3, 32632 Baltar, Ourense e teléfono 988 466 503.

