Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE BALTAR OFERTA DÚAS PRAZAS DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

06 Out 2017

Formalizarán contratos temporais a tempo parcial

O concello de Baltar fai pública no BOP do 6 de outubro a convocatoria para a contratación laboral temporal, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía da data 02/10/2017 pra dúas prazas de auxiliares de axuda no fogar (xornada a tempo parcial, de luns a domingo), sendo a modalidade de contratación mediante contrato laboral temporal para obra ou servizo determinado. A duración do contrato será de 6 meses. O sistema de selección será por concurso de méritos. As retribucións totais, incluída a pppe será de 476,00 €/mes. O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP (6/10/17), no rexistro do concello ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal; http://baltar.sedelectronica.gal.

Volver