Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE BALTAR OFERTA DOUS POSTOS TEMPORAIS

15 Out 2016

Son prazas a media xornada para Auxiliares de Axuda no Fogar

O concello de Baltar fixo pública no BOP do sábado 15 de outubro a convocatoria para a contratación laboral temporal, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 10/10/2016, para 2 prazas de auxiliares de axuda no fogar (xornada a tempo parcial, de luns a domingo). A modalidade de contratación serán por contratos laborais temporais para obra ou servizo determinado. A duración do contrato será por 6 meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos, sendo as retribucións totais de 471,27 €/mes (incluída pppe). O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP (sábado 15/10/16), no rexistro do concello ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección están publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver