O CONCELLO DE BALTAR OFERTA DOUS POSTOS DE TRABALLO
Trátase dun contrato laboral fixo e outro de catro meses de duración
O concello de Baltar fai pública no BOP do 4 de maio dúas convocatorias para as contratacións laborais que se indican a continuación, segundo as bases aprobadas o 28/04/2023:
CONVOCATORIA PARA A PRAZA DE chofer/esa de máquina rozadoira.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral de mellora de ocupabilidade e inserción laboral en programas de activación de emprego (32,5 horas semanais).
3. Duración do contrato: catro meses
4. Sistema de selección: concurso de méritos
5. Lugar e prazo de presentación de instancias: no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de tres días hábiles, que contarán desde o seguinte á publicación deste anuncio no Boletin Oficial da Provincia de Ourense.
6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase á disposición do público no concello, e na sede electrónica: https://baltar.sedelectronica.gal
CONVOCATORIA PARA A PRAZA DE pión/pioa de servizos múltiples.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral fixo.
3. Sistema de selección: concurso de méritos.
4. Lugar e prazo de presentación de instancias: no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de tres días hábiles, que contará desde o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
5. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase á disposición do público no concello, e na sede electrónica: https://baltar.sedelectronica.gal