Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE BALTAR OFERTA DEZ PRAZAS TEMPORAIS

05 Xul 2016

Son para a formación de dúas brigadas antiincendios

O concello de Baltar fai pública no BOP do 5 de xullo a convocatoria para contratación laboral, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía da data 04.07.2016, para 2 xef@s de brigada, 2 pións condutor e 6 pións forestais para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa de incendios forestais. A modalidade de contratación serán contratos laborais temporais por obra ou servizo determinado a xornada completa, tendo unha duración de tres meses. O sistema de selección por concurso de méritos e as retribucións totais xef@ de brigada: soldo: 1.100,00 euros/mes brutos, incluída a parte proporcional das pagas extra. Pións forestais e peón condutor: soldo: 982,53 euros /mes brutos, incluída a parte proporcional das pagas extra. O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais contados dende o seguinte á publicación do anuncio no BOP (5/7/16), no rexistro do concello de Baltar, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello

Volver