Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE BALTAR OFERTA CINCO PRAZAS TEMPORAIS

16 Mai 2017

Son para dous pións forestais e tres pións de construción

O concello de Baltar publica no BOP do 16/5/17 a convocatoria para a contratación laboral, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía da data 11.05.2017 para dúas/dous pións forestais e tres pións de construción para a realización do programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal a media xornada, cunha duración do contrato de tres meses. O sistema de selección é por concurso de méritos, e as retribucións totais son de 546,00 €/mes (incluída pppe). O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais contados dende o seguinte á publicación do anuncio no BOP (16/5/17), no rexistro do Concello de Baltar, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. O texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello.

Volver