O CONCELLO DE BALTAR OFERTA 4 CONTRATOS TEMPORAIS E CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO
Son postos para pións de servizos múltiples e servizo de axuda no fogar
O concello de Baltar fai públicas no BOP do 12 de maio as convocatorias e bases seguintes:
1º.- Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas o 06/05/2021:
1.- Número e denominación das prazas: catro traballadoras/es para prestar servizo como pións de servizos múltiples.
2- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada parcial (32,5 horas semanais).
3.- Duración do contrato: cinco meses
4.- Sistema de selección: oposición
5.- Lugar e prazo de presentación de instancias: no rexistro do concello, de 09.30 a 14.30 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de cinco días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
6.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase a disposición do público no concello, e na sede electrónica: https://baltar.sedelectronica.gal
2º.- Convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego para realizar contratacións laborais temporais como auxiliares de axuda no fogar (SAF), segundo as bases aprobadas o 06/05/2021:
1.- Denominación das prazas: auxiliares de axuda no fogar (SAF).
2- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal.
3.- Duración do contrato: segundo as necesidades do servizo
4.- Sistema de selección: concurso-oposición