O CONCELLO DE BALTAR OFERTA 2 PRAZAS PARA AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR
Son postos laborais temporais
O concello de Baltar publica no BOP do 20 de abril a convocatoria para a contratación laboral temporal, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía da data 18.04.2017 pra dúas prazas de auxiliares de axuda no fogar (xornada a tempo parcial, de luns a domingo). A modalidade de contratación será contrato laboral temporal para obra ou servizo determinado. A duración do contrato é de 6 meses. O sistema de selección por concurso de méritos. As retribucións totais son de 471,27 €/mes (incluída pppe). O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP (20/04/2017), no rexistro do concello ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello.

