Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE BALTAR FAI OFERTA PARA 5 POSTOS DE TRABALLO

14 Dec 2016

Son 5 prazas de auxiliares de axuda no fogar a tempo parcial

O concello de Baltar fai unha nova convocatoria para a contratación laboral temporal de 5 prazas de auxiliares de axuda no fogar a tempo parcial, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 07.12.2016:
1.- Número e denominación das prazas: 5 auxiliares de axuda no fogar (xornada a tempo parcial, de luns a domingo).
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal para obra ou servizo determinado.
3.- Duración do contrato: 6 meses.
4.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5.- Retribucións totais: 471,27 €/mes (incluída pppe).
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP (14/12/16), no rexistro do concello ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver