Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE BALTAR CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

03 Xul 2020

É para auxiliares de axuda no fogar

O concello de Baltar fai pública no BOP do 3 de xullo a convocatoria a proceso selectivo para a creación dunha bolsa  de emprego de auxiliares de axuda no fogar, con duración até o 31 de decembro de 2020, e contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía de data 01/07/2020:
1.- Creación dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar no concello de Baltar.
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada parcial (20 horas semanais).
3.- Vixencia da bolsa de emprego: ata o 31 de decembro de 2020.
4.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5.- Retribucións brutas mensuais: 554,16 €/mes (incluídas pppe).
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 3 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Baltar, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal.

Volver