Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE BALTAR BUSCA CHOFER PARA A MÁQUINA ROZADORA

20 Xun 2022

Ofertan un contrato de catro meses de duración

O concello de Baltar fai pública no BOP do 20 de xuño a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas o 14/06/2022:

1. Número e denominación das prazas: 1 chofer de máquina rozadoira.

2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada parcial (32,5 horas semanais).

3. Duración do contrato: catro meses

4. Sistema de selección: concurso de méritos

5. Lugar e prazo de presentación de instancias: no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de cinco días hábiles contados dende do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase a disposición do público no concello, e na sede electrónica: https://baltar.sedelectronica.gal

Volver