Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE BALTAR BUSCA 4 PIÓNS

17 Xun 2022

Son contratos de 4 meses a xornada parcial

O concello de Baltar fai público no BOP do 17 de xuño a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas o 14/06/2022:

1. Número e denominación das prazas: 4 traballadores para prestar servizo como pións de servizos múltiples.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada parcial (32,5 horas semanais).
3. Duración do contrato: catro meses.
4. Sistema de selección: concurso-oposición.
5. Lugar e prazo de presentación de instancias: no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de cinco días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase a disposición do público no concello e na sede electrónica: https://baltar.sedelectronica.gal.

Volver