O CONCELLO DE BALTAR ANUNCIA CINCO CONTRATOS
Son prazas para pións a media xornada
O concello de Baltar publica no BOP de hoxe a convocatoria para a contratación laboral segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 26.05.2016. Trátase de dúas prazas para pións forestais e tres pións de construción para a realización do Programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade. A modalidade de contratación que farán van a ser contratos laborais temporais a media xornada. A duración distes contratos será de tres meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. As retribucións totais van a ser de 546,00 €/mes (incluida pppe). O prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP (30/05/16), no Rexistro do Concello de Baltar, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello

