O CONCELLO DE AVION BUSCA UN/HA ENXEÑEIRA/O FORESTAL
Ofertan un contrato de 3 meses de duración
O concello de Avión fai público no BOP do 12 de marzo a convocatoria para a contratación laboral que se indica:
1.- Número e denominación das prazas: un/unha enxeñeiro/a técnico forestal para a súa adscrición ao Programa provincial de empregabilidade 2021.
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal, a xornada completa, de duración determinada por obra ou servizo determinado.
3.- Duración do contrato: 3 meses.
4.- Sistema de selección: concurso.
5.- Lugar e prazo de presentación de solicitudes: no rexistro xeral do concello de Avión, ou a través da súa sede electrónica, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, nos 5 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.
6.- Exposición das bases: o texto completo das bases estará publicado no taboleiro de anuncios e no portal de transparencia
do concello de Avión: https://avion.sedelectronica.es/transparency/

