Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE AMOEIRO OFERTA UNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A

20 Xun 2016

Ofertan un contrato temporal de tres meses

O concello de Amoeiro fixo pública a oferta para a selección de un/ha auxiliar administrativ@, mediante contrato temporal para obra/servizo determinado por un prazo de tres meses (do 1 de xullo ata o 30 de setembro de 2016). A presentación de solicitudes farase no rexistro de entrada do concello de Amoeiro (de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres), ou ben, mediante o procedemento que regula o artigo 38.4 da Lei 30/1992. O prazo de presentación é de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (20/06/16) e no taboleiro de edictos do concello (se o último día do prazo coincide con sábado, entenderase prorrogado ao seguinte día hábil). A documentación a entregar será unha instancia dirixida ao alcalde, acompañada da documentación acreditativa dos requisitos esixidos e dos méritos que se desexen alegar. Os requisitos e criterios de selección estarán dacordo coas bases aprobadas; que podes descarregar picando no pdf de debaixo da fotografía.

Volver