Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE AMOEIRO OFERTA TRES PRAZAS DE SOCORRISTAS

07 Xun 2016

Son contratos cunha duración de dous meses

O concello de Amoeiro fixo pública a oferta para a selección de 3 socorristas para o Complexo Cívico-Deportivo de Costademonte na tempada de verán 2016. Son postos para  3 de socorrista acuático (período de 2 meses). A presentación de solicitudes deberá facerse no rexistro de entrada do Concello de Amoeiro (de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres), ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 38.4 da Lei 30/1992. O prazo para a presentación é de de oito días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos do concello. Os requisitos son os seguintes:
- Ter cumpridos 18 anos de idade e menos de 55 anos.
- Estar en posesión do carné oficial de socorrista acuático ou ter presentada a solicitude para a súa obtención en 2016.
- Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida a realización do servizo.
- Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. A instancia deberá ser dirixida ao alcalde, acompañada da documentación acreditativa dos requisitos antes expostos e dos méritos que se desexen alegar.
Os criterios de selección dacordo coas bases obrantes nas oficinas do concello e que están a disposición dos/as interesados/as.

Volver