O CONCELLO DE AMOEIRO OFERTA DÚAS NOVAS PRAZAS
Son contratos temporais para pións
O concello de Amoeiro convococa 2 prazas de pións para o servizo de abastecemento de auga do concello de Amoeiro, mediante contrato temporal para obra/servizo determinado (ata o 31 de decembrode 2016). A presentación de solicitudes farase no Rexistro de entrada do concello de Amoeiro (de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres), ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 38.4 da Lei 30/1992. O prazo de presentación será de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e no taboleiro de edictos do concello. A documentación a entregar será unha instancia dirixida ao alcalde, acompañada da documentación acreditativa dos requisitos esixidos e dos méritos que se desexen alegar. Os requisitos e criterios de selección estarán dacordo coas bases existentes nas oficinas do concello e que están a disposición dos/as interesados/as.

