Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE AMOEIRO CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO PARA AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR

12 Mai 2016

Ofertan dúas prazas temporais

O Concello de Amoeiro crea a Bolsa de Emprego de Auxiliar de Axuda no Fogar 2016 para cubrir, mediante concurso-oposición e de xeito inmediato, dúas prazas temporais desta categoría laboral. Os contratos formalizaranse baixo a modalidade de contrato por obra ou servizo, e prevese que estendan a súa duración até finais da presente anualidade. A presentación de solicitudes farase no rexistro de entrada do Concello de Amoeiro (de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres), ou ben mediante o procedimento que regula o artigo 38.4 da Lei 30/1992 no prazo de cinco días naturais contados a partires da publicación da convocatoria no Boletín Oficial de Provincia (se o último día do prazo coincide en sábado ou inhábil, entenderase prorrogado ó seguinte hábil non sábado).

Os requisitos a cumprir serán os sinalados na base segunda das “Bases da bolsa de emprego 2016 de auxiliar axuda no fogar”, que aparecen reflectidas nesta nova e que están, así mesmo, a disposición dos/as interesados/as nas oficinas do Concello de Amoeiro.

Se queres descarregar as bases da convocatoria pica no pdf que está debaixo da fotografía

Volver