Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE AMOEIRO CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO PARA AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR

09 Mai 2017

As bases están expostas no propio concello

O concello de Amoeiro publica no BOP do 9 de maio o proceso de creación da bolsa de emprego 2017-2018 de auxiliar de axuda no fogar. A presentación de solicitudes deberase facer no rexistro de entrada do concello de Amoeiro (de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres), ou ben nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de presentación farase durante o prazo de seis días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia (9/5/17). Os requisitos son os sinalados na base segunda das “Bases para crear bolsa de emprego 2017-2018 de auxiliar axuda no fogar”, e que están a disposición dos/as interesados/as nas oficinas do concello e na páxina web do concello: www.amoeiro.es.  A documentación deberá ser unha  instancia dirixida ao alcalde acompañada da documentación acreditativa dos requisitos antes expostos e dos méritos que se desexen alegar. Os criterios de selección deberán estar dacordo coas bases obrantes nas oficinas do concello e que están a disposición dos/as interesados/as.

Volver