Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE ALLARIZ CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO NO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

05 Dec 2019

Contratarán auxiliares nos anos 2020 e 2021

O concello de Allariz fai pública no BOP do 5 de decembro, por resolución da alcaldía núm. 2019-0381, de data 29 de novembro de 2019, a aprobación as bases e a convocatoria para a constitución dunha bolsa de emprego para poder formalizar contratacións de auxiliares do servizo de axuda no fogar (SAF) durante os anos 2020 e 2021, en réxime de persoal laboral temporal polo sistema de concurso de méritos. As bases íntegras que rexerán a convocatoria figuran publicadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste concello (www. Allariz.sedelectronica.gal). A partir desta publicación no Boletín Oficial da Provincia, ábrese o prazo de dez días hábiles para a presentación de instancias

Volver