Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE ALLARIZ OFERTA UNHA PRAZA TEMPORAL

23 Mai 2017

É pra un/ha condutor/a de motobomba e tractor

O concello de Allariz publica no BOP do 23 de maio a convocatoria para a contratación laboral temporal, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía da data 15.05.2017 pra un/ha condutor/a de motobomba e tractor para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais no 2017. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra/servizo determinado. A duración estimada do contrato é de catro meses, e o sistema de selección por concurso de méritos. O lugar e prazo de presentación de instancias é de 8 días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP (23/05/17), no rexistro xeral do concello de Allariz (Praza Maior, s/n. Allariz. 32660. Ourense) ou por correo postal. A exposición das bases farana no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web www.allariz.com

Volver