O CONCELLO DE ALLARIZ OFERTA UNHA PRAZA DE CHÓFER MOTOBOMBA
É un contrato de 4 meses
O concello de Allariz fai pública a convocatoria para a contratación laboral temporal segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 04 de maio de 2018 para un/ha condutor/a de motobomba e tractor para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais no 2018. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra/servizo determinado cunha duración estimada do contrato de catro meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. O prazo de presentación de instancias é de 8 días naturais contados dende o seguinte á publicación do anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello de Allariz (Praza Maior, s/n, Allariz, 32660 Ourense) ou por correo postal. A exposición das bases farana no taboleiro de anuncios e na sede electrónica (allariz.sedelectronica.gal) do concello

