Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE ALLARIZ OFERTA 11 POSTOS DE TRABALLO

13 Xun 2016

Son 10 pións e un/ha técnico para a área de Medio Ambiente

O concello de Allariz inicia a selección de 10 pións de medio ambiente (5 postos son para Vilar de Santos e 5 para Allariz) e 1 técnico ambiental para a posta en marcha do Programa de valorización de residuos orgánicos. Son contratos laborais temporais a xornada completa por obra ou servizo determinado, dos que se  estima unha duración do 1 de xullo ó 30 de setembro. As tarefas a realizar nos casos dos pions son: apoio ao labor técnico, é dicir, apoio ás funcións de información e formación coa poboación e seguimento da posta en marcha do funcionamento do composteiros; así mesmo, realizarán control do funcionamento dos composteiros, así como o manexo da esteladora e roza para subministración de biomasa. As tarefas a realizar no caso do técnic@ de medio ambiente é a información e formación coa poboación e seguimento da posta en marcha do funcionamento do composteiros. O prazo para a presentación de solicitudes é de cinco días naturais.

Se queres descarregar as bases do proceso pica nos arquivos pdf que están debaixo da fotografía

Volver