Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE ALLARIZ CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

26 Dec 2017

É para cubrir postos de Auxiliar de Axuda no Fogar

O concello de Allariz fai público no BOP do 26 de decembro, por resolución da alcaldía n.º 2017-0106, con data 20 de decembro de 2017, a aprobación das bases e a convocatoria para a constitución dunha bolsa de emprego para cubrir o/os posto/s de traballo de auxiliares do servizo de axuda no fogar, en réxime de persoal laboral e as posibles vacantes subseguintes, polo sistema de concurso de méritos. As bases integras que rexerán a convocatoria figuran publicadas no taboleiro de anuncios do concello (Praza Maior, 1) e na páxina da sede electrónica do concello allariz.sedelectronica.gal. A partir desta publicación, ábrese o prazo de sete días hábiles para a presentación de instancias.

Volver