O CONCELLO DA VEIGA PUBLICA AS BASES DE CONTRATACIÓN PARA UN POSTO DE ENCARGAD@
Traballará no centro apícola de Prada
O concello da Veiga fai públicas no BOP do 18 de maio as bases de contratación para un posto de encargad@ no Centro Apícola de Prada. O obxecto da convocatoria é a provisión temporal mediante concurso de méritos dunha praza de "encargado/a do Centro Apícola de Prada", pertencentes ao persoal laboral temporal do Concello da Veiga O contrato será laboral temporal, polo período de cinco meses ao abeiro do establecido na lexislación vixente, Lei do Estatuto dos Traballadores, iniciándose a prestación o día 1 de xuño de 2017 e remantando o 31 de outubro de 2017. Será a xornada completa. ( 8 horas/día), cunha duración do contrato de cinco meses, e a súa retribución sera de 1209,61 € brutos mensuais.
O prazo para a presentación de solicitudes será de 10 días naturais

