Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DA VEIGA OFERTA UNHA PRAZA

16 Xun 2016

É un contrato laboral temporal para un/ha adestrador de piragüismo

O concello da Veiga fai unha convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal baixo a modalidade de obra ou servizo determinado, durante os meses de xullo e agosto, para o posto de traballo de “adestrador/a de piragüismo”. Ábrese o prazo de presentación de instancias para a participación no proceso de selección por concurso de méritos, que será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As persoas interesadas poderán consultar as bases de selección nas oficinas municipais, situadas na Praza do Concello, n.º 1, 32360 A Veiga, en horario de 09.00 a 15.00 horas

Volver