Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DA VEIGA OFERTA UN POSTO DE TRABALLO

10 Feb 2023

É para un posto de técnico/a de planificación

O concello da Veiga fai público no BOP do venres 10 de febreiro, que, mediante resolución da alcaldía do 6 de febreiro de 2023, aprobáronse as bases que rexerán o proceso selectivo, mediante concurso de méritos, dun/dunha “técnico/a de planificación do proxecto piloto para a reactivación da actividade agrogandeira no municipio da Veiga, nomeadamente plantación de centeo e millo “

1. Postos ofertados: técnico/a de planificación do proxecto piloto para a reactivación da actividade agrogandeira no municipio da Veiga, nomeadamente plantación de centeo e millo.
2. Duración da contratación: 2 meses e medio.
3.Sistema de selección: concurso de méritos.
4.Lugar e prazo de presentación de solicitudes: as solicitudes presentaranse no rexistro electrónico Xeral:
https://aveiga.sedelectronica.gal/ deste concello, no rexistro municipal (praza do Concello, 1, 32360 A Veiga), ou nalgún dos lugares que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 5 días naturais, que contarán desde o día da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. No caso de non ser presentadas no rexistro municipal, os/as aspirantes deberán remitir un fax (988 350 060) ou un correo electrónico a: maria.jose.lopez.aveiga@eidolocal.es, coa copia da solicitude debidamente rexistrada, o mesmo día da súa presentación. As solicitudes recollerán os requisitos que establecen as bases que, xunto co anuncio da convocatoria, se publicarán no taboleiro de anuncios do concello, na páxina web e na sede electrónica https://aveiga.sedelectronica.gal

Volver