Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DA VEIGA OFERTA UN POSTO DE TRABALLO TEMPORAL

21 Mar 2022

É unha praza de axente de desenvolvemento turístico

O concello da Veiga fai público no BOP do 21 de marzo que, mediante a resolución da alcaldía do 15 de marzo de 2022, aprobáronse as bases que rexerán o proceso selectivo para a contratación, mediante concurso de méritos, dun/dunha axente de desenvolvemento turístico (temporada turística 2022).
1. Postos ofertados: 1 axente de desenvolvemento turístico da Veiga (tempada turística 2022).
2. Duración da contratación: tempada turística 2022 (seis meses).
3. Sistema de selección: concurso de méritos.
4. Lugar e prazo de presentación das solicitudes: as solicitudes presentaranse no rexistro electrónico xeral
https://aveiga.sedelectronica.gal/ deste concello, no Rexistro Municipal (praza do Concello, 1, 32360 A Veiga), ou nalgún dos lugares que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 5 días naturais, que contarán desde o día da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. No caso de non ser presentadas no Rexistro Municipal, as persoas aspirantes deberán remitir un fax (988 35 00 60) ou un correo electrónico a: maria.jose.lopez.aveiga@eidolocal.es, coa copia da solicitude debidamente rexistrada, o mesmo día en que a presenten. As solicitudes recollerán os requisitos que dispoñen as bases, que, xunto co anuncio da convocatoria, se publicarán no taboleiro de anuncios do concello, na web e na sede electrónica https://aveiga.sedelectronica.gal

Volver