O CONCELLO DA VEIGA OFERTA UN POSTO DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE
É un contrato de dous meses de duración
O concello da Veiga fai pública no BOP do sábado 1 de xullo a convocatoria urxente para o proceso selectivo, mediante concurso de méritos, dun/dunha monitora ou monitor de ocio e tempo libre
Mediante a Resolución da Alcaldía do 28 de xuño de 2023, aprobáronse as bases que rexerán o proceso selectivo, mediante concurso de méritos, dun/dunha monitora ou monitor de ocio e tempo libre:
1. Postos ofertados: un/unha monitora ou monitor de ocio e tempo libre.
2. Duración da contratación: tempada de verán 2023 (dous meses).
3.Sistema de selección: concurso de méritos.
4. Lugar e prazo de presentación de solicitudes: as solicitudes presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral: https://aveiga.sedelectronica.gal/ deste concello, no rexistro municipal (praza do Concello, n.º 1. 32360 A Veiga), ou nalgún dos lugares recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 5 días naturais, que contarán desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. No caso de non ser presentadas no Rexistro Municipal, os/as aspirantes deberán remitir un fax (988 350 060) ou un correo electrónico a: servizo.social.aveiga@eidolocal.es coa copia
da solicitude debidamente rexistrada, o mesmo día da súa presentación. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases que, xunto co anuncio da convocatoria, se publicarán no taboleiro de anuncios do Concello, na páxina web e na sede electrónica https://aveiga.sedelectronica.gal