Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DA VEIGA OFERTA 8 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

27 Xun 2023

Son prazas de pión, xefa/e de brigada e condutoras/es

O concello da Veiga fai público no BOP do 27 de xuño dúas convocatorias para ofertar postos de traballo temporais de pión, xefa/e de brigada e condutoras/es, para formar as brigadas contra incendios forestais. Son as seguintes:

1ª.- Convocatoria urxente de proceso selectivo, mediante concurso de méritos, para cubrir 4 prazas de pións/pioas de brigade de prevención e defensa contra os incendios forestais e 1 de xefe/a de brigada de prevención e defensa contra os incendios forestais (Campaña 2023).

Mediante resolución da alcaldía, do día 23 de xuño de 2023, aprobáronse as bases que rexen o proceso selectivo mediante concurso de méritos de 4 pións/pioas de brigada de prevención e defensa contra os incendios forestais e 1 xefe/a de brigada de prevención e defensa contra os incendios forestais (Campaña 2023).

1º. Postos ofertados: 4 pións/pioas de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais e 1 xefe/a de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

2º. Duración da contratación: tres meses.

3º. Sistema de selección: concurso de méritos.

4. Lugar e prazo de presentación de solicitudes: as solicitudes presentaranse no rexistro electrónico xeral: https://aveiga.sedelectronica.gal/  deste concello, no rexistro municipal (praza do Concello, núm. 1. 32360 A Veiga), ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. No caso de que as solicitudes non se presenten no rexistro municipal, os aspirantes deberán remitir un fax (988 350 060) ou un e-mail ao seguinte correo: aedl@aveiga.gal coa copia da solicitude debidamente rexistrada o mesmo día da súa presentación. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases que, xunto co anuncio da convocatoria, se publicarán no taboleiro de anuncios do concello, na páxina web e na sede electrónica https://aveiga.sedelectronica.gal

 

2º.- Convocatoria urxente de proceso selectivo, mediante concurso de méritos, para cubrir tres prazas de condutores/as-operarios/as de vehículo motobomba para defensa contra os incendios forestais (campaña 2023).

Mediante resolución da alcaldía, do día 23 de xuño de 2023, aprobáronse as bases que rexerán o proceso selectivo, mediante concurso de méritos, de 3 condutores/as-operarios/as de vehículo motobomba de defensa contra os incendios forestais

(Campaña 2023).

1º. Postos ofertados: 3 condutores/as- operarios/as de vehículo motobomba de defensa contra incendios forestais.

2º. Duración da contratación: tres meses.

3º. Sistema de selección: concurso de méritos.

4. Lugar e prazo de presentación de solicitudes: as solicitudes presentaranse no rexistro electrónico xeral: https://aveiga.sedelectronica.gal/ deste concello, no Rexistro Municipal (praza do Concello, núm. 1. 32360 A Veiga), ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. No caso de que as solicitudes non se presenten no rexistro municipal, os aspirantes deberán remitir un fax (988 350 060) ou un e-mail ao seguinte correo: aedl@aveiga.gal coa copia da solicitude debidamente rexistrada o mesmo día da súa presentación. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases que, xunto co anuncio da convocatoria, se publicarán no taboleiro de anuncios do concello, na páxina web e na sede electrónica https://aveiga.sed

Volver