O CONCELLO DA VEIGA BUSCA UN/HA AXENTE DE DESENVOLVEMENTO TURÍSTICO
Traballará durante a tempada turística 2023
O concello da Veiga fai pública no BOP do sábado 10 de xuño a convocatoria urxente para o proceso selectivo, mediante concurso de méritos, dun/dunha axente de desenvolvemento turístico (tempada turística 2023)
Mediante resolución da alcaldía do 8 de xuño de 2023, aprobáronse as bases que rexerán o proceso selectivo mediante concurso de méritos dun/dunha axente de desenvolvemento turístico (tempada turística 2023)
1. Postos ofertados: 1 axente de desenvolvemento turístico da Veiga (tempada turística 2023).
2. Duración da contratación: tempada turística 2023 (tres meses e medio).
3. Sistema de selección: concurso de méritos.
4. Lugar e prazo de presentación de solicitudes: As solicitudes presentaranse no rexistro electrónico xeral https://aveiga.sedelectronica.gal/ deste concello, no Rexistro Municipal (praza do concello, n.º 1, 32360 A Veiga), ou nalgún dos lugares recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 5 días naturais, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. No caso de non ser presentadas no rexistro municipal, os/as aspirantes deberán remitir un fax (988 350 060) ou un correo electrónico a: aedl@aveiga.gal coa copia da solicitude debidamente rexistrada o mesmo día da súa presentación. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases que, xunto co anuncio da convocatoria, se publicarán no taboleiro de anuncios do concello, na páxina web e na sede electrónica https://aveiga.sedelectronica.gal