Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DA VEIGA BUSCA 12 PIÓNS PARA O GES

18 Xun 2021

Oferta contratos deica a fin do 2021

Convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal nº 29 , con sede na Veiga.

Mediante Resolución da Alcaldía, do día 14 de xuño de 2021, o concello da Veiga aprobou as bases de selección para a contratación de persoal laboral temporal para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal, con sede na Veiga e fai anuncio público no BOP do 18 de xuño:

1.- Postos ofertados : 12 pións para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal.

2.- Duración da contratación: os contratos terán unha duración máxima ata o 31 de decembro de 2021.

3.-Sistema de selección: concurso-oposición.

4.-Lugar e prazo de presentación de solicitudes: as solicitudes presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral: https://aveiga.sedelectronica.gal/ deste concello, no Rexistro Municipal (praza do concello, nº 1. 32360 A Veiga), ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. No caso de non ser presentadas no Rexistro Municipal, os aspirantes deberán remitir un fax (988 350 060) ou un e-mail ao seguinte correo: maria.jose.lopez.aveiga@eidolocal.es, coa copia da solicitude debidamente rexistrada o mesmo día da súa presentación. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases que, xunto co anuncio da convocatoria, se publicarán no taboleiro de anuncios do concello, na páxina web e na sede electrónica https://aveiga.sedelectronica.gal

Volver