Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DA TEIXEIRA OFERTA TRES POSTOS DE TRABALLO

20 Mai 2016

Son 3 prazas para pións de servizos varios

O concello da Teixeira por resolución do alcalde, con data 16 de maio de 2016, aprobou as bases para a selección e posterior contratación de 3 traballador@s coa categoría de pión de servizos varios. A duración do contrato será de 4 meses, cunha xornada de 6 horas diarias, de luns a venres. A clase de persoal será laboral temporal.

O prazo de presentación das solicitudes é de cinco días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro Xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou na forma prevista no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo,neste caso, os interesados deberán comunicalo mediante telegrama ou telefax (n.º 988 207 445) durante o mesmo prazo e horario que o de presentación de instancias. Se o quinto día fose festivo ou sábado, o prazo finalizaría o seguinte hábil. Máis información nas bases da convocatoria, que poderán ser consultadas no Concello da Teixeira en horario de oficina ou na páxina web do concello: concelloateixeira.org.

Volver