Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DA TEIXEIRA OFERTA TRES POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

27 Nov 2020

Son para limpador/a e auxiliares de axuda no fogar

O concello da Teixeira fai público no BOP do 27 de novembro, por resolución do alcalde, con data 23 de novembro de 2020, a aprobación das bases para a selección e posterior contratación dun/ha traballador/a coa categoría de limpador/a e de dúas/dous auxiliares de axuda no fogar.

Duración dos contratos: dende a data de incorporación até o 31 de decembro de 2021 cunha xornada de 32 horas mensuais (limpador/a) e dende o 01/01/2021 ata o 31/12/2021 para os auxiliares de axuda no fogar

Clase de persoal: laboral temporal

Prazo de presentación das solicitudes: nos cinco días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou na forma prevista no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo, neste caso, os interesados deberán comunicalo mediante telegrama ou telefax (n.º 988 207 445) durante o mesmo prazo e horario que o de presentación de instancias Se o quinto día fose festivo ou sábado, o prazo finalizaría o seguinte hábil. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Teixeira en horario de oficina

Volver