Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DA TEIXEIRA OFERTA TRES POSTOS DE PIÓNS

06 Xun 2017

Son pra servizos varios

No BOP do 6 de xuño aparece publicada a convocatoria para a contratación laboral do concello da Teixeira, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía de data 25 de maio de 2017, para 3 postos de pión de servizos varios, con modalidade de contratación laboral temporal e duración do contrato de 4 meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. O prazo e lugar de presentación de solicitudes é de 5 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación no BOP, no rexistro do concello da Teixeira, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O texto íntegro das bases podes ollalo abrindo o pdf que está debaixo da fotografía.

Volver