Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DA TEIXEIRA OFERTA CATRO POSTOS DE TRABALLO

02 Dec 2021

Son para un/ha limpador/a e tres auxiliares de axuda no fogar

O concello da Teixeira fai público no BOP do 2 de decembro que por resolución do alcalde do 24 de novembro de 2021, aprobáronse as Bases para a selección e posterior contratación dun/dunha traballador/a coa categoría de limpador/a e de tres auxiliares de axuda no fogar.

Duración do contrato: desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de decembro de 2022, cunha xornada de 48 horas mensuais para o posto de limpador/a.

Clase de persoal: laboral temporal

Prazo de presentación das solicitudes: nos cinco días naturais seguintes ao de publicarse o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou na forma que establece o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo. Neste caso, os/as interesados/as deberán comunicalo mediante un telegrama ou telefax (ao 988 207 445) durante o mesmo prazo e horario que o de presentación das solicitudes. Se o quinto día fose festivo ou sábado, o prazo finalizaría o seguinte día hábil. Máis información nas bases da convocatoria, que poderán ser consultadas no Concello da Teixeira, en horario de oficina.

Volver