O CONCELLO DA TEIXEIRA OFERTA CATRO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS
Formarán a brigada antiincendios forestais
O concello da Teixeira fai pública por resolución do alcalde, con data 16 de xullo de 2019, a aprobación das bases para a selección e posterior contratación de catro traballadores para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios.
Número e denominación de postos: 1 xefa/e de brigada, 1 pión condutor/a da brigada e 2 pións de brigada.
Duración do contrato: tres meses
Clase de persoal: laboral temporal
Sistema de selección: concurso de méritos.
Bases da convocatoria: poderanse consultar na oficina municipal en horario de oficina de 9:00 h. a 14:30 h. ou na páxina web do concello: www.ateixeira.es
Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles seguintes ao da publicación do presente anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:30 horas de luns a venres. Se o quinto día fose festivo ou sábado o prazo finalizaría o seguinte hábil.

