Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DA TEIXEIRA OFERTA 4 PRAZAS TEMPORAIS

03 Dec 2016

Tres delas son para axuda a domicilio e a outra para limpeza

O concello da Teixeira, por resolución do alcalde, de data 30 de novembro de 2016, aprobou as bases para a selección e posterior contratación de tres auxiliares de axuda no fogar (2 auxiliares a xornada parcial 25 horas de luns a venres, e 1 auxiliar a xornada parcial 20 horas fins de semana e festivos). Serán persoal laboral temporal. O prazo de presentación das solicitudes será nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (3/12/16), no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Se o quinto día fose festivo, o prazo finalizará o seguinte hábil. Se queres descarregar as bases do proceso pica nos pdf que están debaixo da fotografía.

Do mesmo xeito, por resolución do alcalde, de data 30 de novembro de 2016, aprobaron as bases para a selección e posterior contratación dun/ha traballador/a coa categoría de limpador/a. A duración do contrato irá dende a data de incorporación ata o 29 de decembro de 2017, cunha xornada de 32 horas mensuais. A clase de persoal será laboral temporal. O prazo de presentación das solicitudes será nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia  (3/12/2016), no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Se o quinto día fose festivo, o prazo finalizará o seguinte hábil. Se queres descarregar as bases do proceso pica nos pdf que están debaixo da fotografía.

 

Volver