Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DA TEIXEIRA BUSCA UN/HA AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

23 Xul 2021

É un contrato deica a fin do 2021

O concello da Teixeira fai público no BOP do 23 de xullo, que por resolución do alcalde do 19 de xullo de 2021, aprobáronse as bases para a selección e posterior contratación dun/dunha auxiliar de axuda no fogar.
Duración do contrato: desde o 12/08/2021 ata o 31/12/2021
Clase de persoal: laboral temporal
Prazo de presentación das solicitudes: nos cinco días naturais seguintes ao de publicarse o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia , no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres ou na forma que dispón o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo. Neste caso, as persoas interesadas deberán comunicalo mediante un telegrama ou telefax (988 207 445) durante o mesmo prazo e horario que o de presentación das solicitudes. Se o quinto día fose festivo ou sábado, o prazo finalizaría o seguinte día hábil. Para máis información, poden consultarse as bases da convocatoria no concello da Teixeira, en horario de oficina.

Volver