Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DA TEIXEIRA BUSCA UN AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

17 Dec 2020

Ofertan un contrato laboral temporal

O concello da Teixeira fai público no BOP do 17 de decembro que, por resolución do alcalde, con data 11 de decembro de 2020, aprobáronse as bases para a selección e posterior contratación dun auxiliar de axuda no fogar.

Duración do contrato: dende o 01/01/2021 ata o 29/07/2021.
Clase de persoal: laboral temporal.
Prazo de presentación das solicitudes: nos cinco días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro Xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou na forma prevista no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo, neste caso, os interesados deberán comunicalo mediante telegrama ou telefax  (988207445) durante o mesmo prazo e horario que o de presentación de instancias. Se o quinto día fose festivo ou sábado, o prazo finalizaría o seguinte hábil. Máis información nas bases da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello da Teixeira en horario de oficina.

Volver