O CONCELLO DA TEIXEIRA BUSCA CHOFER PARA O TRACTOR ROZADOIRA
trátase dun contrato de 3 meses de duración
O concello da Teixeira fai público no BOP do 9 de maio que, por resolución da alcaldesa en funcións, do día 4 de maio de 2023, aprobáronse as bases para a selección e posterior contratación dun/dunha chofer para o tractor rozadoira.
Duración do contrato: 3 meses
Clase de persoal: laboral temporal
Prazo de presentación das solicitudes: nos cinco días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no boletín oficial da provincia, no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres ou na forma prevista no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo, neste caso, as persoas interesadas deberán comunícalo mediante telegrama ou telefax (988 207 445) durante o mesmo prazo e horario que o de presentación de instancias. Se o quinto día fose festivo ou sábado, o prazo finalizaría o seguinte día hábil. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Teixeira en horario de oficina ou na sede electrónica concelloateixeira.sedelectronica.gal