O CONCELLO DA RÚA OFERTA UN POSTO DE FUNCIONARIO INTERINO
Trátase dun posto de administrativa/o
O concello da Rúa fai público no BOP do martes 26 de xaneiro que, unha vez vista a baixa presentada, con data 04 de xaneiro de 2021, por don Jesús Rodríguez Fernández, e sendo necesaria a cobertura deste posto administrativo C1 até a alta do titular, dispón:
Aprobar as bases polas que se regula a convocatoria para a contratación como persoal funcionario interino, a través dun contrato de interinidade, dun/unha administrativo/a para o concello da Rúa, debendo proceder á súa publicación na forma regulamentaria.
Se queres descarregar as bases do proceso abre o pdf que está debaixo da fotografía

