Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DA RÚA DE VALDEORRAS OFERTA CINCO CONTRATOS TEMPORAIS

21 Mai 2020

Son para dúas/dous oficiais de oficios e tres operari@s

O concello da Rúa de Valdeorras fai pública no BOP do 21 de maio a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con esta data:
1.- Numero e denominación das prazas: dúas/dous oficiais de oficios e tres operari@s (pións) para a realización do programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade.
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa.
3.- Duración do contrato: tres meses.
4.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5.- Retribucións: convenio colectivo do persoal laboral do concello da Rúa.
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: cinco días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Ourense.
7.- Exposición das bases: o texto completo da bases da selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na
sede electrónica municipal, https://arua.sedelectronica.gal.

Volver