Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DA POBRA DE TRIVES OFERTA UNHA PRAZA DE AVOGAD@

27 Out 2016

É unha praza laboral temporal a tempo parcial

O concello da Pobra de Trives fixo públicas no BOP do 27 de outubro as bases de selección para a contratación laboral temporal dun/ha avogado/a- licenciado/a como persoal laboral temporal a tempo parcial para o Centro de Información á Muller do concello da Pobra de Trives. É obxecto das bases a cobertura, como persoal temporal por obra ou servizo determinado, dun/ha avogado/a para prestar os servizos de información e asesoramento xurídico no Centro de Información á Muller no concello da Pobra de Trives. O contrato formalizarase baixo a fórmula de servizo determinado e a tempo parcial, 10 horas semanais, repartidas en dous días á semana.

O prazo para a presentación de solicitudes é de 7 días naturais

Se queres descarregar as bases do proceso pica no pdf que está debaixo da fotografía.

Volver