O CONCELLO DA PEROXA OFERTA UNHA PRAZA NO XULGADO DE PAZ
Será un contrato temporal a tempo parcial
O concello da Peroxa publica no BOP de hoxe, 14 de maio as bases xerais e específicas para contratación laboral temporal a tempo parcial dun/dunha traballador/a para o desempeño do Xulgado de Paz no Concello da Peroxa.
A xornada deste posto será a tempo parcial, de catro horas, contando cun contrato por obra ou servizo determinado.
As tarefas a desenrolar consisten no desenvolvemento das funcións propias da secretaría do xulgado de paz nos termos da disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións de secretarías de xulgados de paz (DOG do 12 de agosto de 2008). O procedemento de contratación será o concurso, sendo a duración do contrato deica o 30 de novembro de 2016.
As solicitudes presentaranse no prazo de cinco días naturais dende a publicación destas bases no BOP de Ourense.

